|
A banda fórmase en Vigo a finais do ano 2004, con membros procedentes doutros grupos de diversos estilos musicais: Frangos, Skarnio, Siniestro Total, Os Resentidos, Skacha...O estilo que practican os Transilvanos é unha mestura de música Xamaiquina, abarcando dende finais dos anos 50 ata principio dos anos 70 (Ska, Rocksteady, Early Reggae...) sempre dándolle un toque persoal e terrorífico ó asunto. Temas de The Skatalites, Bob Marley o John Holt xunto ás composiciones propias dos Transilvanians forman parte do repertorio.
|
|