|
Rasa loba é unha manada de cans que sobreviven no monte. Son uns fillos de paz e amor, da risa, da mentira, da maravilla, da falta de pasta; “ Destacamos en comer ovellas negras” afirman en cada entrevista.
Non queren repetírse por mor de morrer orixinais, así que de momento non hai disco.
Rasa Loba son: Tonhito de Poi (voz e jitarras), Hugo Leao (jitarras), Alberto "Ho Chi Ming" (baixo), Javi Tornado (batería)
|
|