|
Loretta Martin nace en abril de 2002 froito da unión de Brais Morán (voz e guitarra), Fran Sanz (baixo), Alberto López (batería) e Ion Rivero (guitarra). Nestes inicios trátase dunha iniciativa de blues e rock, mostrando unha clara devoción polos Stones, os Beatles ou Steve Miller entre outros. No 2003 incorpórase á banda Pablo Nistal (percusión) e Raquel de Ana (coros). A partires deste momento comeza un periplo que vai levando ó grupo dende os primeiros días do blues e do rock ata camiños aperturistas e fusionadores nos que o funk, o jazz e a música brasileira, e bandas como -123 min, Zuco 103, Jamiroquai ou Red Hot Chili Peppers, comezan a influenciar o son da banda que actualmente pode definirse como Funk-Rock. A finais do 2004, Alberto López, Pablo Nistal e Raquel de Ana deixan a banda e incorpórase na batería Iago Otero. Nestes tres anos de vida, Loretta Martin realizou máis de trinta concertos por toda Galiza, acadou as semifinais do certame "Novos Talentos de Arousa" e o segundo posto no concurso "Campus Sons", gravou unha maqueta, incluiu dous temas nun disco recopilatorio da discográfica Sons Galiza e comeza o 2005 coa publicación do seu primeiro CD.
|
|