Artefactos mi espacio mk  |  maketon.com »    
   noticias
22/04/2007
Fiesta Universitaria SAN VICENTE 2007 este Viernes 27 de Abril
20/03/2007
Tardes e Noites Vivas para grupos de Vigo
   próximos conciertos
No hay conciertos disponibles
   componentes
   historia
Artefactos é un grupo de Vigo (Galiza), formado en xuño de 2005 co propósito de facer Rock; en ocasións crítico co sistema e, noutras cunha temática máis cotiá. A formación orixinal estaba composta por: Domato (guitarra e voz), Lobi (baixo e coros) e Simon (batería e coros). Estes comezaron practicando un hardcore melódico-garaxeiro sen pretensión algunha. Sen embargo, víronse un tanto limitados para expresar tódalas ideas que tiñan dentro. Foi entón cando recurriron a un vello (e bello) amigo: Ayuso (guitarras e coros); con el chegaría un máis amplo rexistro de melodías, e sen darse conta, escomezaron a paracticar calquera tipo de melodía que lles saíse do corpo, converténdose así no grupo que é hoxe: Unha formación cun estilo propio pero con moitas influenzas doutros estilos (sempre dentro do Rock), e tamén con canciós de amor pero, amor así libertino. Moitos nomes tivo xa este grupo, debido á case imposibilidade de que os 4 membros se puxesen totalmente de acordo cun nome que gustase a todos. Algúns deles foron: H4DP, Bipolares e, Sold Out (baixo este nome ofreceron seu primeiro concerto). Tras rexeitar moitos nomes, conseguiron poñerse de acordo para chamarse (esperemos que definitivamente): ARTEFACTOS. Podería decirse, que esta agrupación posúe unha breve pero intensa biografía, plagada de feitos tales como: borracheiras inimaxinábeis, roturas de ligamentos, escordaduras e demáis indecencias, que algún día serán narradas polos seus protagonistas en extensas entrevistas para revistas de rock de tirada internacional. A día de hoxe contan con poucos pero sinceiros e enormes fans, así como grupies incondicionais. Actualmente encontranse en trámites de grabación da sua primeira e magnifique maqueta.