buscador

select n.*, t.* from noticias n inner join temas t on n.id_tema=t.id_tema where n.id_noticia='665'
ELVIS COSTELLO esta semana en Vigo
Le acompaña en su gira DIANA KRALL, su esposa y una pedazo de voz
noticia El artista británico dará un único concierto en Galicia este Jueves 9 de Junio de 2005, a partir de las 22:30 H. Las entradas se pueden adquirir a través de: www.caixanova.es o llamando al Tlf. 902-504500, tambien en las tiendas de discos: ELEPÉ (Vigo), Discos GONG (Santiago de Compostela) y en Discos PORTOBELLO (A Coruña), a un precio anticipado de 20 €uros y en taquilla de 24 €uros el día del concierto.

Elvis Costello traerá a Vigo a un clásico renovado que presentará o seu último traballo discográfico “The Delivery Man”, aínda que tamén poderemos disfrutar dos seus temas máis clásicos, que non faltarán nun concerto que se alongará máis de dúas horas. Será unha actuación para disfrutar da boa música, nun escenario negro onde non haberá elementos que poidan distraer a atención do espectador. Con este novo disco Elvis Costello regresa ás súas raíces de cancións sinxelas, letras afiadas e composicións que chegan moi adentro, que se aferran ós sentimentos. En The Delivery Man atopamos melodías arroupadas por sons clásicos de raíces americanas, como o soul ou o country, ou no apego á música jazz, propia do seu contexto persoal dende a máis tenra infancia. De tódolos xeitos, Costello asegura que non fai nin rock, nin jazz, nin soul, senón que o fai todo á vez, porque para el a música non ten etiquetas, é a expresión de realidades e sentimentos. Volver ós seus inicios é un xeito de revitalizarse, de explorar de novo os mundos que parecían agotados. Dentro do amplo espectro xurdido a finais dos anos 70 no Reino Unido e tralo estoupido do punk británico, que recuperou desde unha postura irascible e reivindicativa as bases máis sinxelas e directas do rock & roll, Elvis Costello destacaría na súa extensa traxectoria como un meritorio e prolífico escritor de cancións, cunhas composicións que se asemellaban ó punk ou a frescura pop da new wave, como roturaban, desde unha perspectiva de comentarista social airado e cautico, en heteroxéneas disposicións sonoras que soían nutrirse de variadas músicas como o country, o jazz, o blues, o reggae, o soul, etc. Costello, un prolífico escritor de cancións Serían principalmente os sons do jazz e da música clásica os que acompañaron a este artista nos seus primeiros anos de vida. Posteriormente comezou a escoltar grupos como The Beatles e outras bandas da Invasión Británica. Agora, co seu último disco Elvis Costello volve ó rock unindo tamén elementos de jazz á instrumentación clásica, sempre acompañado polo batería Pete Thomas, o pianista Steve Nieve e o baixista Davey Faragher, ou o que é o mesmo, The Imposters.
« volver